Seres perdidos, extraviados, que chamaron a súa porta e que agora chaman a do lector porque queren existir na imaxinación doutro. son personaxes encontrados, fillos do azar e da necesidade. desde o eco fusco dos fuxidos por causa da guerra civil ao popular detective nivardo castro. personaxes que decidiron habitar pola súa conta nestas páxinas e agardan a lectura como o verdadeiro destino da súa existencia. nestes contos vive xente que o autor atopou nas encrucilladas da vida e da literatura.
