Sherlock holmes, detective reúne cinco relatos protagonizados polo agudo detective de baker street e o seu amigo, o doutor watson. neles, conan doyle condensa o xénero detectivesco en estado puro, presentando unha incógnita en termos sempre interesantes e mantendo a tensión narrativa mediante unha atinada dose de acción e sorpresa, salferida arreo dun irónico e requintado humor británico.
