Selim naceu en imlil, unha aldeíña do atlas marroquí. cada ano, polo verán, alí chegaba a o flamante renault de mohamed, un veciño emigrado en parís. selim decide iniciar o mesmo camiño: unha longa viaxe cara a francia na procura de fortuna. dende as rúas de marrakesh, onde malvivirá traballando en fedorentas tinturerías e como guía turístico, selim viaxará ata a península na caixa dun camión. percorrerá diversas comunidades ata chegar ao país vasco. na súa estadía en españa atopará o amor e a amizade, pero tamén sufrirá o pesadelo da súa condición de emigrante ilegal. esta novela de patxi zubizarreta, orixinalmente publicada en euskera, é unha contundente denuncia, enchida de tenrura, do noxento contrabando de persoas do inicio do milenio. a cultura popular do atlas marroquí (as tradicións, a gastronomía, as formas de vidaà), a memoria da tradición oral das lendas do pobo beduíno, a denuncia da tortura, o transporte ilegal de emigrantes, a vida nas pateras, o mercado de traballo fraudulento, a problemática do racismo e da xenofobiaà son algúns dos temas desta novela de grande actualidade.
